Marte

Marte ♂
Descubrimento
Descuberto por civilizacións antigas
Descuberto na antigüidade
Características orbitais
Raio Medio 227 936 640 km
Excentricidade 0,09341233
Período orbital 686,98 días
Período sinódico 779,95 días
Velocidade orbital media 24,1309 km/s
Inclinación orbital 1,85061°
Número de Satélites 2
Características físicas
Diámetro ecuatorial 6 794,4 km
Área superficial 144 millóns km²
Masa 6,4191 × 1023 kg
Densidade media 3 940 kg/m³
Aceleración gravítica
á superficie
3,71 m/s²
Período de rotación 246229 h
Inclinación axial 25,19°
Albedo 0,15
Velocidade de escape 5,02 km/s
Temperatura
na superficie
min med max
-143º C -63º C 35º C
Características atmosféricas
Presión atmosférica 0,7-0,9 kPa
Dióxido de carbono 95,32%
Nitróxeno 2,7%
Argon 1,6%
Osíxeno molecular 0,13%
Monóxido de carbono 0,07%
Vapor de auga 0,03%
Neon

Cripton
Xenon
Ozono

Vestixios

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o planeta interior máis afastado do Sol. É, en moitos aspectos, o máis parecido á Terra.

Aínda que en aparencia podería parecer un planeta morto, non o é. Os seus campos de dunas seguen sendo mecidos polo vento marciano, os seus casquetes polares cambian coas estacións e ata parece que hai algúns pequenos fluxos estacionais de auga.[1]

Tycho Brahe mediu con gran precisión o movemento de Marte no ceo. Os datos sobre o movemento retrógrado aparente (os chamados "lazos")[2][3] permitiron a Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movemento planetario coñecidas como leis de Kepler.

Forma parte dos planetas superiores á Terra, que son aqueles que nunca pasan entre o Sol e a Terra. As súas fases (porción iluminada vista desde a Terra) están pouco marcadas, feito que é fácil de demostrar xeométricamente. Considerando o triángulo Sol-Terra-Marte, o ángulo de fase é o que forman o Sol e a Terra vistos desde Marte. Alcanza o seu valor máximo nas cuadraturas cando o triángulo STM é rectángulo na Terra. Para Marte, este ángulo de fase non é nunca maior de 42°, e o seu aspecto de disco giboso é análogo ao que presenta a Lúa 3,5 días antes ou logo da Lúa chea. Esta fase, visible cun telescopio de afeccionado, non logrou ser vista por Galileo, quen só supuxo a súa existencia.

  1. Nahum Mendez Chazarra. Una (Breve) Geología de Marte Journal of Feelsynapsis (JoF). ISSN: 2254-3651. 2012.(2): 34-41
  2. Coñécense popularmente como "lazos" ás traxectorias aparentes con forma de lazo que describen os planetas cando son excedidos pola Terra.
  3. "APOD: 2010 June 13 - Retrograde Mars". apod.nasa.gov. Consultado o 2019-10-10. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search