LSTM

Fig.1 Unidade básica LSTM
Fig.2 Rede LSTM

Long short-term memory (coas siglas en inglés LSTM) ou memoria longa a curto prazo é unha técnica para mellorar o desenvolvemento da intelixencia artificial formada por redes neurais recorrentes (RNN). A unidade básica LSTM consta dunha cela de memoria, unha porta de entrada, unha porta de saída e unha porta de esquecemento. Aplícanse nos campos da clasificación e da predición estatística sobre un conxunto de datos temporais. Os LSTM foron propostos por Sepp Hochreiter e Jürgen Schmidhuber en 1997 e mellorados por Felix Gers en 2000. Empresas como Google (Home), Apple (Siri), Amazon (Alexa ) e Microsoft empregan LSTM como un compoñente fundamental nos seus motores de recoñecemento de voz. [1] [2] [3] [4]

  1. "Understanding LSTMs". colah.github.io (en inglés). 
  2. "Publications" (PDF). bioinf.jku.at (en inglés). 
  3. "A beginners' guide to implementing long-short-term-memory networks". Heartbeat (en inglés). 2018-05-29. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  4. "Long-short-term-memory-lstm-KXoay". Coursera.org. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search